miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alén Tarrío: "A cociña que realmente te fai salivar é a da túa nai. Era o que eu buscaba"

Alén Tarrío: "A cociña que realmente te fai salivar é a da túa nai. Era o que eu buscaba"
Alén Tarrío: "A cociña que realmente te fai salivar é a da túa nai. Era o que eu buscaba"

"Eu como cliente xa notaba que non había un sitio onde había cociña verdadeira, de ama de casa, de casa de comidas de toda a vida, e deste tipo de cousas que se facían antes"

A cociña tradicional é a que máis lle apaixona. Sabores que te trasladan á infancia, que te transportan ata a túa casa un domingo xantando coa túa familia. E iso é o que quere transmitir no Pampín Bar.

COMPOSTELA24HORAS charla con Alén Tarrío, propietario deste restaurante e recentemente nomeado "Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico". A cousa vai de tradición, produto, cociña tradicional, calidade...

Para que te coñezan un pouco máis os nosos lectores, cóntanos: quen é Alén Tarrío?

Pois Alén Tarrío é un cociñeiro compostelano que traballa no Pampín Bar. Medrei nun restaurante familiar en Lavacolla, traballábamos alí os dous irmáns ata que empezamos a estudiar e eu seguín coa profesión.

Cómo e cando naceu a paixón pola cociña?

Máis ben tarde porque eu empecei na cociña con 25 anos xa. Ainda que xa acabara fai tempo o ciclo, como no restaurante de meus pais traballaba na sala, cando acabei o ciclo seguín traballando na sala. De feito era onde me encontraba cómodo. Pero meu pai dixo que non, que tiña que estudiar cociña, e apuntoume ao ciclo. E cando cambie xa á cociña foi todo moi rápido.

Onde foi a mellor formación, estudiando ou traballando?

Eu creo que coa experiencia laboral fórmaste mellor. É verdade que coa formación, se saes cunhas bases e non che soa todo a "chino", cando estás nun restaurante facilítache moitísimo as cousas. Pero en todos os ámbitos a vida real é a te espabila e te fai mellorar.

E de todos os lugares onde traballaches, de cal gardas mellor recordo?

O que me cambiou a visión da gastronomía foi Paco Morales que traballei tres anos con el. Aportoume unha visión da gastronomía diferente e gustábame moito a partida que levaba cando era xefe de partida, porque cociñábamos sin lume absolutamente todo. É outra visión totlamente, el desmárcase moitísimo de tendencias e ten un selo moi persoal. E despois tamén en canto á súa visión hacia todo: que non había barreiras, a pulcritude, o bo facer... Alí aprendín a gastronomía seria digamos.

Agora amigos e familiares téñenche medo cando te invitan a comer? Ou directamente non o fan?

Pero a calquer cociñeiro eu creo... (risas) Sen embargo, a mín pásame que, cando non saben que es cociñeiro, e fan o seu pratos que fan o día a día na súa casa, é cando máis disfrutas nas casas. É o prato con amor, que o fas día a día, que o tes dominado. E disfrutas moito comendo. Despois cando te queren sorpender é cando chegan os problemas (risas). Pero os que me coñecen xa saben que me gusta comer bastante sinxelo. Para innovar, xa vou a sitios que innovan ben.

Acabas de ser elexido "Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico" celebrado fai pouco na Coruña. Que supón este recoñecemento para tí?

Pois foi un recoñecemento á casa de comidas e é un orgullo porque case sempre estes premios os levan outro tipo de cociñas. Pero supoño que non solo foi por esto, senón por unha traxectoria, xa me coñecían de antes... 

Por qué te decidiches a coller o Pampín Bar? Qué viches nel?

Vin un concepto bastante tabernario que era o que eu buscaba. A casa de comidas de toda a vida.

E que ofertas alí que te diferencia? Por qué crees que enches todas as fins de semana?

Eu sempre digo, que é a miña opinión persoal, que tí cando queres vivir unha experiencia vas a restaurantes "top" de estrela michelin, de xente que xa está consagrada, que sabe o que fai, unha cociña xa moi madurada. E vives unha experiencia alí. Despois a cociña que realmente te fai salivar é a da túa nai, a memoria gustativa que se chama. E eu buscaba un pouco eso, a cociña da casa e das nai.

Un prato que sempre poño de exemplo, que nos comemos moito nas casas, e nos restaurantes está prácticamente desaparecido, son os chinchos en escabeche. Despois outro prato moi compostelano que casi non se pon nos restaurantes, é o xarrete estofado. 

Estamos moi influenciados polas tendencias, sobre todo a asiática, que a mín tamén me gusta. Pero como cliente xa notaba que non había un sitio onde había cociña verdadeira, de ama de casa, de casa de comidas de toda a vida, e deste tipo de cousas que se facían antes. Como facía miña nai, que antes no seu mesón guisaba carne asada, facía callos... un pouco pensando neso. Con outras presentacións, ou con un toque especial, pero sen perder a esencia da casa de comidas de verdade.


O cliente que vai atopar no Pampín Bar?

Tradición, produto, calidade... Ademáis a xente sí que valora moitísimo o produto.

A xeración de antes tíñamos, a maior parte, ás nosas nais na casa como amas de casa que unha das súas tarefas era cociñar. E facíano moi ben. Pero agora xa hai outra xeración con nais traballadoras, na que non hai tanto tempo para dedicarlle á cociña e cómese doutra maneira non?

Sí, e dín que vai haber dúas ventertes: a xente que vai seguir ca "quinta gama" que é todo cociñado e solo quentar na casa; e o que valora o produto e a cociña ecolóxica.  

E que ademáis trátase dun acto que facemos cinco veces ao día, e é necesario para a nosa saúde, para poder vivir. E tampouco nas escolas hai ningunha materia que te oriente, ainda que fora unha hora á semana. E a mín paréceme algo importantísimo.

E para acabar, que consello lle darías a alguén que quere empezar a cociñar, que se quere formar na cociña e ser cociñeiro?

A cociña tradicional é moi importante porque sen tradición non hai evolución. A base é importantísima. Moitas veces estamos mais preocupados en "haber se me collen nunha estral michelin para facer as prácticas". Pero eu hoxe o que faría eu, sería empezar por empezar por restaurantes de cociña tradicional, ainda que sexan estrella michelín ou sexan máis innovadores, pero sempre con tradición de base. E despois iría vendo novas técnicas e restaurantes máis contemporáneos.

Comentarios
Lo más