jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os masculinos do Peleteiro non puideron contra o Foz

Os masculinos do Peleteiro non puideron contra o Foz
Os masculinos do Peleteiro non puideron contra o Foz

Nos dous primeiros cuartos o partido estivo moi igualado, aínda que os de Foz mandaban no marcador grazas ao rebote ofensivo e o acerto de 3 puntos

Desta vez, o panorama co que se presentaba o derradeiro partido desta tempada en Montouto, era o propio dun equipo. Recuperábase a Álvaro, a Ramón e David Pazo tamén se cambiaba pero se prefería non forzar. Non se puido bridar a vitoria á afección pero o equipo competiu moi ben. 

Os erros nos tiros libres (excepto Carlos con 7 de 7) e o escaso acerto desde a liña de tres puntos (3 triplas por 11 dos focenses) foron moito lastre para poder acadar a vitoria.

Nos dous primeiros cuartos o partido estivo moi igualado, aínda que os de Foz mandaban no marcador grazas ao rebote ofensivo e o acerto de 3 puntos.

Tras o descanso os focenses conseguían ampliar a vantaxe penalizando cada erro noso. No último cuarto se tivo varios tiros libres para empatar o partido e non se puido aproveitar para o Peleteiro e os visitantes con varias triplas e cargando de novo o rebote ofensivo, sentenciaban o partido.

Comentarios
Lo más