Controlado o incendio de Boiro que afectou a 50 hectáreas
As estimacións pertinentes falan dunha área afectada de 50 hectáreas aínda que esta medición é provisional ata a extinción por completo do incendio
A Consellería de Medio Rural acaba de informar da situación na que se atopa o incendio no concello de Boiro, na parroquia de Cures. Segundo as últimas estimacións, o lume que comezou sobre as 00:12 horas desta noite quedou estabilizado esta mañá ás 8:45 horas.
As estimacións pertinentes falan dunha área afectada de 50 hectáreas aínda que esta medición é provisional ata a extinción por completo do incendio.
No seu control participan nove axentes forestais, oito brigadas, oito motobombas e dúas pas.
INCENDIO DE VERÍN
Onte sobre ás 23:16 horas quedou controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Verín, na parroquia de Vilamaior do Val. Iniciouse onte ás 15:39 horas e afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, unha superficie de 66,01 hectáreas, das cales 22,46 son de monte arborado e 43,55 de monte raso.
Esta medición tamén é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse un técnico, 10 axentes, 14 brigadas, sete motobombas, unha pa, oito helicópteros e un avión.