Suspendese de novo o xuízo: o rei das orquestras a examen médico
Esta decisión está tomada tendo en conta un argumento da defensa que resaltaba un deterioro de saúde a nivel psiquiátrico e neurolóxico
De novo, suspéndese o xuicio contra Ángel Martínez Pérez "Lito" por fraude fiscal. A Audiencia Provincial de Pontevedra así o decidiu acordando que os forenses que non estean adscritos ao Imelga de Pontevedra, examinarán ao "rei das orquestras".
Esta decisión está tomada tendo en conta un argumento da defensa que resaltaba un deterioro de saúde a nivel psiquiátrico e neurolóxico. Incluso o avogado defensor, Carlos Seoane, indicou que Lito padece un deterioro cognifico que pode que derive en demencia. Tamén revelou que inciouse un proceso civil para a súa incapacitación.
E o motivo polo que solicita que fosen forenses doutra provincia os que fixesen o recoñecemento de Lito, está motivado porque unha das fillas do empresario está adscrita ao Imelga de Pontevedra e aseguran que mantén un enfrontamento cos seu compañeiros debido ao diagnóstico de seu pai.
Fiscalía e Abogacía do Estado non estiveron a favor desta decisión, e rexeitaron o resto de argumentos da defensa.