miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta amosa a súa satisfación de que Galicia sexa a terceira comunidade na que baixou máis o paro

A Xunta amosa a súa satisfación de que Galicia sexa a terceira comunidade na que baixou máis o paro
A Xunta amosa a súa satisfación de que Galicia sexa a terceira comunidade na que baixou máis o paro

A Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro da 7,70% fronte ao 4,89% de España de maneira que en Galicia hai 14.262 desempregados menos que hai un ano

A Xunta destacou este martes que Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano e celebra que se supere ademais a media de caída rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferenza.

Así, sinala un comunicado, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro da 7,70% fronte ao 4,89% de España de maneira que en Galicia hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década.

O paro, conclúe a nota, continúa caendo por tanto máis dun lustro despois de maneira consecutiva e o desemprego descende ademais na evolución mensual nun 1,65%, con 2.868 parados menos.

Comentarios
Lo más