miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018

Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018
Entréganse os premios do XIIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018

No total, participaron no XIII Concurso de Escaparates de Nadal 46 comercios (23 en Bertamiráns e 23 no Milladoiro)

O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, foron os encargados de facer entrega dos premios do XIII Concurso de Escaparates de Nadal. O primeiro premio recaeu en Kierete Peluquería, do Milladoiro; o segundo en El Patio de Mi Casa-Perfumes, situado na mesma localidade; e o terceiro en Antela Viaxes, de Bertamiráns. Os establecementos galardoados co Premio especial do público foron Arola Moda no Milladoiro, con 450 votos, e Queens Moda en Bertamiráns, con 152. No total, participaron no XIII Concurso de Escaparates de Nadal 46 comercios (23 en Bertamiráns e 23 no Milladoiro).

O salón de plenos da Casa do Concello vén de acoller a entrega de premios do XIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018, no que os establecementos comerciais de Ames competiron co engalando dos seus escaparates. A entrega de premios correu a cargo do alcalde de Ames, José Miñones, e da concelleira de Promoción Económica, Isabel González.

O segundo premio, outorgado a El Patio de Mi Casa-Perfumes, do Milladoiro, foi recollido por María Lareo Rodríguez, mentres que o terceiro premio concedido a Antela Viaxes, de Bertamiráns, recolleuno María Núñez Cea. Os representantes dos establecementos que non puideron acudir a dito acto poden pasar pola Casa do Concello para recoller o seu premio. O primeiro galardón está dotado con 1.000 euros, o segundo con 700€ e o terceiro con 400 euros.

O Premio Especial do Público, dotado con 200 euros, foi parar en Bertamiráns a Queens Moda, coa obtención de 152 votos. No Milladoiro, resultou gañador o establecemento Arola Moda e Complementos con 450 votos. O concurso, que foi organizado pola Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, contou coa participación de 46 establecementos, 23 de Bertamiráns e 23 do Milladoiro.

Por outra banda, realizouse a entrega dun dos cheques, por valor de 300 euros, que se sortearon entre todas aquelas persoas que emitiron, polo menos, un voto para elixir o Premio Especial do Público. As premiadas foron María Vilar Lagares e Lucía Puentes Vázquez, ambas de Bertamiráns, e María Sol Vidal Otero, de Teo. As gañadoras dos dous cheques que quedan por entregar poden pasar a recollelos pola Casa do Concello.

Comentarios
Lo más