Penúltima etapa do Camiño Portugués pola Costa
06:30 03/04/19
06:30 03/04/19
Tivo lugar a pasada fin de semana e participaron ao redor de 130 veciños e veciñas de Ordes
Esta fin de semana tivo lugar a penúltima etapa do Camiño Portugués pola Costa. Unha actividade na que participan arredor de 130 veciños e veciñas de Ordes que nesta ocasión percorreron os 17 quilómetros que separan as localidades de Padrón e O Milladoiro.
A vindeira quenda será este próximo sábado, xornada na que, sen dúbida, chegarán a tempo para escoitar a misa do peregrino na igrexa de San Francisco. Como despedida haberá un gran xantar de confraternidade no restaurante O Barreiro, na parroquia de Leira.