miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Todo preparado para o RaliNoia desta fin de semana

Todo preparado para o RaliNoia desta fin de semana
Foto: Facebook
Todo preparado para o RaliNoia desta fin de semana

300 persoas forman a organización deste rali que cada vez atrae a máis visitantes

Esta fin de semana ten lugar o XXXV RaliNoia. COMPOSTELA24HORAS charla con Javier Rodríguez, presidente da Escudería Berberecho, a cal organiza este rali.

Rodríguez fálanos da Escudería Berberecho, na que leva moitos anos e da que agora é presidente dende fai cinco: "Puxémoslle ese nome porque é un pouco honor ó movemento que hai no pobo de Noia. O berberecho da bastante vida ao pobo. Xa daquela empezaba a funcionar ben o marisqueo en Noia, enton déuselle ese nome á escudería en agradecemento".

Rodríguez comenta que a escudería está formada por unhas quince persoas, que cada ano son menos. Pero para organizar o rali contan con moitos voluntarios aos que tamén consideran membros da escudería. Ao final a familia do RaliNoia está formada por unhas 300 persoas entre voluntarios, Protección Civil, ambulancias...

Este ano teñen novidades como todos os anos. Sempre intentan cambiar os tramos facendo pequenos retoques para que haxa novidade e para darlle un pouco de traballo aos pilotos, que estean entretidos e que disfruten do recorrido.

O rali comeza o venres cun tramo urbano que se chama Transportes El Jaime. Este tramo probouse por primeira vez o ano pasado, xa que ao público levaba anos pidíndoo, e foi todo un éxito. Por eso este ano se repite, eso sí, cambiandoo un pouquiño. Javier Rodríguez cóntanos que quixera modificalo máis pero non é posible por ser tan próximo ao pobo: "Hai que intentar molestar o menos posible aos veciños".

Este ano teñen un número de participantes parecido a do ano pasado: teñen 152 inscritos. Trátase dun número elevado porque, como indica Rodríguez, na comarca de Noia hai unha afección moi elevada ao mundo dos ralis. Ademáis a escudería xa conta con 40 pilotos propios. "A xente de Noia involúcrase moito con este deporte" comenta o presidente da Escudería Berberecho.

Aínda que pode ser que o tempo non acompañe, dende a Escudería Berberecho anímase a todos os veciños da comarca e afeccionados galegos ao rali a que se acerquen a disfrutar deste deporte a Noia.

Comentarios
Lo más