Baixan as temperaturas en Santiago
08:00 02/04/19
08:00 02/04/19
A máxima colócase nos 16º e a mínima rondará os 7º
Xornada de transición na que o anticiclón irase retirando progresivamente cara ao Atlántico, achegándose baixas presións dende as Illas Británicas. Todo isto, con réxime de ventos de compoñente norte que en Santiago deixarán os ceos con máis nubes na mañá e os ceos permanecerán máis abertos na tarde.
As temperaturas sufrirán un descenso, algo máis marcado nos valores diúrnos onde a máxima colócase nos 16º. A mínima rondará os 7º.