Xosé Vázquez Cobas presenta este sábado a candidatura nacionalista "preparada para gobernar"
O BNG ribeirense dará a coñecer a candidatura coa que optará á alcaldía de Ribeira, o sábado 6 de abril, ás 19:30h no Mercado Municipal de Ribeira
O acto público no que se presentarán publicamente as persoas que integran a candidatura nacionalista, estará conducido polo escritor e veciños de Castiñeiras Carlos Callón. Ademais contarase coa participación da deputada provincial Ánxela Franco, co alcalde de Rianxo Adolfo Muíños e coa intervención do candidato á alcaldía Xosé Antonio Vázquez Cobas.
Vázquez Cobas detalla que o BNG ten un equipo cohesionado e con experiencia, fronte un PP cada vez máis dividido, sen proxecto e soberbio que non conta con ninguén. Vázquez avala a fortaleza do BNG ao ser o único partido en disposición de liderar un novo goberno transformador, dialogante e co que sacar o municipio da parálise na que se atopa. O sábado o candidato nacionalista presentará a súa candidatura na que se incorporan persoas independentes e dará conta tamén das liñas programáticas xerais para acadar unha Ribeira conemprego, accesíbel, xusta, verde e onde as parroquias teñan voz.
O candidato asegurou que o BNG está á alza que se ve coa incorporación de persoas independentes e reflectirase tamén no resultado das vindeiras eleccións municipais.