miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Presentación do informe "Determinantes de la performance de los Fondos de Pensiones"

Presentación do informe "Determinantes de la performance de los Fondos de Pensiones"
Foto de arquivo
Presentación do informe "Determinantes de la performance de los Fondos de Pensiones"

A publicación revisa os principais desafíos do sistema público de pensións español, estuda a previsión social complementaria e describe e analiza os máis de mil fondos de pensións que actualmente se comercializan en España

Os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela presentan este martes 2 de abril o libro Determinantes de la performance de los Fondos de Pensiones, un traballo froito dunha axuda á investigación Ignacio H. de Larramendi concedida por Fundación MAPFRE en 2016. O acto será ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A publicación revisa os principais desafíos do sistema público de pensións español, estuda a previsión social complementaria e describe e analiza os máis de mil fondos de pensións que actualmente se comercializan en España coa fin de orientar a investidores individuais, xestores e asesores financeiros no seu proceso de decisión de investimento.

Ademais dos directores do grupo de investigación, na presentación participará o decano da Facultade anfitrioa, Xoan Ramón Doldán, e o director xeral territorial de MAPFRE en Galicia, Javier Soto.

Comentarios
Lo más