Concerto da Banda de Música de Ordes dirixido por catro estudantes de perfeccionamento de Dirección
O dito curso consiste nunha especialidade incluída no Ciclo Medio en Dirección de Banda de Música da UNED e está organizado pola Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB)
Numeroso público non se quixo perder o concerto ofrecido pola Banda de Música de Ordes esta fin de semana no auditorio da Casa da Cultura. Como novidade cómpre señalar a dirección a cargo de Óscar López González, Enrique Lagares Rivas, Israel Quintás Alonso e Carlos Tilve González, todos eles estudantes de perfeccionamento de Dirección de Banda.
O dito curso consiste nunha especialidade incluída no Ciclo Medio en Dirección de Banda de Música da UNED e está organizado pola Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB). Tamén se conta coa colaboración coa Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes.