Morre un traballador en Verín despois de caerlle unha árbore encima
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente mortal produciuse ás 15:15 horas de hoxe preto do Polígono Industrial de Pazos
Un traballador autónomo perdeu a vida esta tarde cando realizaba unha corta nunha zona de monte, en Verín.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente mortal produciuse ás 15:15 horas de hoxe preto do Polígono Industrial de Pazos. Alí acudiron os bombeiros da vila para liberar ao traballador, que quedou atrapado ao caerlle unha árbore encima.
Unha vez liberado, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias comprobaron que o home estaba falecido, polo que nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais, os servizos de emerxencias contaron co apoio das forzas de seguridade locais e da Garda Civil.