miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández comprométese a poñer en marcha o Plan Especial do Casco Histórico antes de rematar o primeiro semestre do 2021

Agustín Hernández comprométese a poñer en marcha o Plan Especial do Casco Histórico antes de rematar o primeiro semestre do 2021
Agustín Hernández comprométese a poñer en marcha o Plan Especial do Casco Histórico antes de rematar o primeiro semestre do 2021

Hernández insistiu en que este documento debe nacer do consenso de todas as forzas políticas do Concello, co fin de acadar un Plan

válido e que reflicte as necesidades desta zona da capital de Galicia

O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, comprometeuse onte a ter rematado e posto en marcha o Plan Especial do Casco Histórico antes de que remate o primeiro semestre do ano 2021. Hernández manifestou, ao longo dunha rolda de prensa, que dito documento debe nacer do consenso de todas as forzas políticas do Concello, co fin de acadar un Plan válido que reflicte todas as necesidades desta zona da capital de Galicia.

Para o Popular, “é moi negativo o que ten acontecido co único documento que foi capaz de tramitar Compostela Aberta, o Plan de Xestión, que foi aprobado de forma unilateral, converténdose no exemplo do que non pode ocorrer cos asuntos que son de gran transcendencia para Santiago, xa que para garantir a súa eficacia deben nacer dun consenso político e cívico”.

O presidente dos Populares de Santiago remarcou que o seu compromiso suporá a constitución, de forma inmediata, as dúas comisións creadas no ano 2015, é dicir a Executiva, que supervisará e contratará a elaboración dos traballos, onde contará coa a representación do Alcalde e dos voceiros dos partidos que formen parte da corporación e que manterá reunión cunha periodicidade de, polo menos, unha vez a mes; e a de Participación, na que estarán asociacións de veciños, de comerciantes, de hostalería, da asociación de Compostela Monumental, da Cámara de Comercio, da igrexa e da Xunta de Galicia, entre outros.

Antecedentes

O dirixente Popular concretou que este documento é una figura imprescindible para planificar, reordenar e mellorar o a realidade do Casco Histórico e a súa redacción xa quedara adxudicada en novembre de 2014 e o contrato asinouse en febreiro de 2015, grazas á colaboración do Concello e a Xunta de Galicia, administración que financia este proceso ao 50 por cento dita actualización.

Agustín Hernández remarcou que o custe do traballo era de algo máis de 322.000 e contaba cun prazo de execución de tres anos, por isto faixa un ano que esta situación tiña que estar arranxada, pero a realizade é que o actual Goberno de Compostela Aberta deixou pasar 4 anos sen facer absolutamente nada e o resultado desta política é que o Casco Histórico segue deteriorándose.

O voceiro Popular subliñou que o deterioro desta zona da capital está a ser cada día máis significativo durante años, “unha proba disto é que no ano 1995, o Casco Histórico de Santiago de Compostela ofrecía un saldo de 6.484 vivendas, das que o 8,6 % estaban baleiras. 13 anos despois, no momento no que se aprobou o actual Plan Xeral, o número de vivendas era de 7.575 das que estaban valeiras unhas 1.012, é dicir, o 13,3 por cento”.

Con todo isto, desde o ano 1975 ata o 2015, o Casco Vello pasou de 14.087 habitantes a 10.477, o que significa unha perda de 3.610, é dicir, rexistrouse unha baixada do 25,6 %, mentres que no resto da cidade os seus habitantes incrementábanse.

Comentarios
Lo más