miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Ordes presenta un balance económico altamente satisfactorio

O Concello de Ordes presenta un balance económico altamente satisfactorio
O Concello de Ordes presenta un balance económico altamente satisfactorio

O alcalde de Ordes detallou no pleno desta tarde os resultados da liquidación orzamentaria correspondente ao pasado ano, a cal reflexa un resultado positivo de máis de 1.828.000 €

O venres tivo lugar o pleno correspondente ao mes de marzo. Unha sesión na que non se presentaron mocións a debate por parte de ningún dos grupos con representación.

O rexedor local, José Luis Martínez Sanjurjo, abriu o pleno cun amplo e detallado informe sobre a situación financieira do Concello. A liquidación dos orzamentos municipais correspondente ao ano 2018, os cales ascenderan a algo máis de 9 millóns de euros, presenta un resultado positivo de 1.828.563,70 €. No que se refire ao remanente de Tesourería para gastos xerais o importe é de máis de 2.200.000 €. O aforro supón case un 24% sobre os dereitos liquidados por operacións correntes.

Vese así cumprido o obxectivo de estabilidade orzamentaria ao presentar un superávit de 1.696.465,07 € (16,72% dos ingresos non financieiros). De igual xeito vén a ocorrir coa regra de gasto, acadando 129.887,13 € na diferencia entre o límite da regra de gasto e o gasto computable.

O volume de débeda é de 1.787.264,62 €, o que supón menos do 20% dos recursos correspondentes liquidados. A porcentaxe de débeda viva a efectos de autorización de operacións de crédito sobre os recursos correspondentes é de pouco máis do 34%, porcentaxe notablemente inferior á estipulada pola Lei de facendas locais (110%). Por último, como dato destacado, o período medio de pagamento da débeda comercial situose o pasado ano en menos de 6 días.

Comentarios
Lo más