Extinguido un conato de incendio forestal en Entrimo en Ourense, que afectou o Parque Natural do Xurés
12:59 30/03/19
12:59 30/03/19
Acadou unha superficie de 0,06 hectáreas de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa dun conato de incendio forestal, xa extinguido, rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns, que afectou o Parque Natural do Xurés.
O conato iniciouse ás 10,20 h. desta mañá e quedou extinguido ás 11,50 h. Afectou unha superficie de 0,06 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.