miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha colisión múltiple en Pontevedra sáldase con tres persoas feridas

Unha colisión múltiple en Pontevedra sáldase con tres persoas feridas
Unha colisión múltiple en Pontevedra sáldase con tres persoas feridas

O accidente ocorreu sobre as 23:30 horas da pasada noite

Un total de tres persoas resultaron feridas despois de colidir outros tantos vehículos ao seu paso por Pontevedra.

O accidente ocorreu sobre as 23:30 horas da pasada noite cando os vehículos circulaban pola PO- 532, na estrada que une Ponte Caldelas e Pontevedra, no lugar da Reigosa.

O 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular, avisou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico, que xa tiñan constancia do suceso. De igual xeito, solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil e do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más