miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis dun cento de nenos participarán hoxe sábado no Día da Árbore en San Roque

Máis dun cento de nenos participarán hoxe sábado no Día da Árbore en San Roque
Foto de arquivo
Máis dun cento de nenos participarán hoxe sábado no Día da Árbore en San Roque

A actividade arrancará a partir das 11 horas

Co gallo do comezo da primavera, o Concello de Riveira vai conmemorar o Día da Árbore cun acto no parque de San Roque no que está prevista a participación de máis dun cento de nenos e nenas procedentes de escolas infantís, garderías e ludotecas do municipio.

A actividade arrancará a partir das 11 horas. Cada neno recibirá (ademais dunha viseira conmemorativa e un bocadillo) un piñeiro xoven para que o plante coa axuda dos seus pais no espazo periurbano. A continuación haberá actividades lúdicas e unha actuación contacontos.

Está previsto que o evento, que está promovido dende a Concellería de Medio Ambiente, se prolongue ata as 13 horas.

Comentarios
Lo más