miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Real Filharmonía de Galicia ofrece hoxe sábado un concerto para nenos e familias que servirá para apoiar a Proxecto Home

A Real Filharmonía de Galicia ofrece hoxe sábado un concerto para nenos e familias que servirá para apoiar  a Proxecto Home
A Real Filharmonía de Galicia ofrece hoxe sábado un concerto para nenos e familias que servirá para apoiar a Proxecto Home

As entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos

A Real Filharmonía de Galicia celebra mañá sábado, 30 de marzo, un novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que desenvolve Proxecto Home Galicia.

A cita, que forma parte do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, comezará ás 18:30 horas no Auditorio de Galicia. Este ciclo busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos.

Proxecto Home Galicia

Proxecto Home Galicia é un programa educativo-terapéutico centrado na rehabilitación de drogodependentes, xunto á súa reinserción social e laboral, e na axuda ás súas familias.

Tamén tratan a persoas con problemas de alcoholismo e ludopatías. Ademais, desenvolven programas educativos dirixidos a xoves e adolescentes, de cara á prevención. Proxecto Home leva 25 anos traballando na comunidade galega no marco da rehabilitación e reinserción social de persoas con todo tipo de adiccións. Na actualidade conta con miles de altas terapéuticas, froito dos seus diferentes programas, que están a desenvolver unha vida normal, totalmente alleos ás adiccións.

Mozart para todas as idades

Os rapaces e as súas familias poderán desfrutar de “Mini Mozart”, o primeiro encargo que lle fai a RFG ao Serviço Educativo da Casa da Música do Porto. É unha aventura dos nosos días cos ollos e oídos doutros tempos, onde as personaxes saen da música e vívena cun entusiasmo contaxiante. Orquestra, mestre e público son os elementos perfectos para un gran concerto.

Créase un ambiente propicio para gozar da música de Mozart, con interacción entre os personaxes e o público, así como entre os personaxes e a orquestra. Os máis pequenos e as súas familias terán a oportunidade de desfrutar de pezas tan coñecidas do xenial compositor como As vodas de Fígaro, considerada como unha das súas mellores creacións e unha das óperas máis importantes da historia da música. Tamén soarán fragmentos de obras como Unha pequena serenata nocturna, a Sinfonía nº 40, a Sinfonía nº 38 “Praga”, a Sonata para piano nº 11 coñecida como “Marcha turca”, xunto a dúas arias de Don Giovanni.

A batuta levaraa o xove mestre Jan Wierzba, natural de Polonia e educado en Porto. Na actualidade destaca como un dos directores máis prometedores en Portugal. É director artístico e titular da Orquestra Clássica do Centro e da Orquestra de Câmara de Almada, así como director asistente da Orquestra Filharmónica dos Países Baixos.

Comentarios
Lo más