Un ferido en Vilanova de Arousa tras saírse dunha pista
13:45 29/03/19
13:45 29/03/19
Sucedeu nunha pisa no lugar de Curraás, sobre as 10:15 horas
No concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, un vehículo sufría unha saída de vía cando circulaba por unha pista no lugar de Currás. Como consecuencia do impacto o condutor resultou ferido e, polo tanto, foi evacuado ao Hospital do Salnés.
Todo comezou ao fío das 10:15 horas desta mañá, cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba ata ao lugar para atender ao ferido.
Nada máis recibido o aviso, os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros de Vilagarcía e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse a Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.