miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas feridas ao colidir dous vehículos en Begonte

Dúas persoas feridas ao colidir dous vehículos en Begonte
Dúas persoas feridas ao colidir dous vehículos en Begonte

Os feitos sucederon na LU-541, concretamente no punto quilométrico 3, pasadas as 21:15 horas

Dúas persoas resultaron feridas a pasada noite nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que se excarcerada polos Bombeiros de Vilalba tras quedar atrapada no interior dun dos vehículos.

Os feitos sucederon na LU-541, concretamente no punto quilométrico 3, pasadas as 21:15 horas. Foi a esa hora cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia que unha ambulancia se desprazaba cara o lugar do accidente.

Así, os xestores de emerxencias do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia daban conta do suceso ademais de aos Bombeiros, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal do servizo de mantemento de vía.

Unha vez liberada a persoa, os servizos sanitarios encargáronse da evacuación dos feridos.

Comentarios
Lo más