miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Bombeiros de Betanzos traballan na extinción dun lume nunha fábrica de taboleiros en Betanzos

Os Bombeiros de Betanzos traballan na extinción dun lume nunha fábrica de taboleiros en Betanzos
Os Bombeiros de Betanzos traballan na extinción dun lume nunha fábrica de taboleiros en Betanzos

Segundo a información facilitada ao 112 o incendio está controlado, ardeu madeira acumulada en diversos carros sen afectar a nada mais

Os servizos de emerxencia traballan na extinción dun lume que se propagou nunha fábrica de taboleiros, situada na estrada de Santiago, na localidade coruñesa de Betanzos.

Afortunadamente, ningún dos nove operarios que se atopaban realizando o seu traballo no momento de producirse o incendio, resultou afectado. Aínda así, alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias por si nalgún momento fose precisa a súa intervención. Segundo a información facilitada ao 112 o incendio está controlado, ardeu madeira acumulada en diversos carros sen afectar a nada mais.

Eran as 06:15 horas desta mañá cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio. A partir de aí, alertouse aos Bombeiros de Betanzos que, nestes intres, continúan coas tarefas de extinción. Así mesmo, desprazáronse ata o lugar os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Ademais de poñer en alerta aos servizos sanitarios, por precaución, os xestores do 112 tamén puxeron os feitos en coñecemento do persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más