Boiro rexistra un incendio activo
08:33 29/03/19
08:33 29/03/19
No control deste incendio están traballando cinco axentes, cinco brigadas, tres motobombas e unha pa
A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón.
O incendio iniciouse ás 23:41 horas de onte e, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas.
Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio están traballando cinco axentes, cinco brigadas, tres motobombas e unha pa.