Comeza a xornada de formacións de nubes a última hora do día
08:00 29/03/19
08:00 29/03/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 22ºC
O venres o anticiclón desprazarase cara ó leste situándose sobre o continente europeo o que permitirá unha progresiva entrada de aire frío nas capas altas e un descenso na intensidade do vento.
Con esta situación, continuaremos con ceos pouco anubrados ou despexados en xeral e coa formación de nubes de evolución nas zonas elevadas do interior durante a tarde que poderián deixar algún chuvasco ocasional.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 22ºC.
Os ventos soprarán de compoñente leste frouxos, con réxime de brisas nas Rías Baixas, e con intervalos moderados no litoral norte.