miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Semana Santa 2019

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Semana Santa 2019
Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo de Semana Santa 2019

Desenvolverase os días 15, 16 e 17 de abril no campo de fútbol e pavillón anexo de Belvís

A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o seu Campus Polideportivo de Semana Santa, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.

Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña e Gadis, preténdese ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais durante este periodo vacacional dos pequechos e pequechas.

O Campus desenvolverase os días 15, 16 e 17 de abril en dúas modalidades: campus de mañá de 10:00 a 14:00 horas e campus de mañá e tarde, con horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas (con xantar incluído).

Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención. Estas actividades terán lugar no campo de fútbol de Belvís e no pavillón anexo.

Inscricións

Para inscribirse neste Campus establecéronse dous prazos. No primeiro, ata o 7 de abril, os prezos son de 40 euros para as actividades de mañá e de 65 euros para asistir durante todo o día (incluído o xantar). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (35 euros polo Campus de mañá e 55 euros polo campus de mañá e tarde).

A partir do 7 de abril, os prezos son de 50 euros para as actividades de mañá e de 75 euros para asistir durante todo o día (incluído o xantar). Tamén hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (45 euros polo Campus de mañá e 65 euros polo campus de mañá e tarde). Estes prezos inclúen as merendas e un seguro de accidentes deportivos.

Ademais, tamén se ofrece a posibilidade de acceder ao servizo de madrugadores desde as 9:00 horas por tan só 5 euros máis.

Os interesados en inscribir aos seus fillos ou fillas atoparán un formulario online na web www.escoladeportivasantiago.org Se teñen algunha dúbida, poden dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.

Comentarios
Lo más