Hernández presenta un proxecto de reordenación da avenida San Caetano
A proposta do candidato Popular contempla a remodelación de dúas prazas, executando nelas dúas rotondas de 70 metros de diámetro, ademais dunha mellora no vial que as une
O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, presentou onte, en rolda de prensa, unha nova cláusula do seu “contrato capital”, que suporá unha gran transformación da entrada norte da cidade.
Grazas a unha estudada remodelación da avenida de San Caetano, o voceiro Popular logrará executar unha das demandas dos santiagueses, como é a adecuación do tráfico na contorna do que será o novo San Caetano nos vindeiros anos.
A proposta do candidato Popular contempla a remodelación de dúas prazas, executando nelas dúas rotondas de 70 metros de diámetro, ademais dunha mellora no vial que as une, acandando así a eliminación dos xiros con semáforos e a posta en marcha dunha nova ordenación de tráfico.
Este novo plantexamento do tráfico permitirá levar a cabo distintas novidades como:
- Permitir todos os movementos;
- Facilitar os xiros directos;
- Eliminar semáforos;
- Axilizar o tráfico
- Mellorar a fluidez dos vehículos.
Estas formulacións poderán ser implementadas coas colaboración da Xunta de Galicia, que vería sustentiblemente mellorada accesibilidade ao complexo de San Caetano. A maiores, explicou Hernández “permitirase un aforro no custe do mantemento dos semáforos que, actualmente, están xerando un problema, eliminando a maioría destas sinalizacións lumínicas”.
Hernández remarcou que “estamos obrigados a reformular esta zona” e o Partido Popular ten claro que “se pode facer e se pode levar a cabo sen grandes despilfarros, con reformas que suporá un custe moderado, de pouco máis de 800.000 euros”.
Neste caso, “os que coñecemos esa zona da cidade temos na nosa retina a imaxe dos vehículos parados ao remate de Xoán XXIII ou da avenida de Castelao ou nos distintos semáforos da praza de España, polo que a remodelación que plantexamos suporía o desenvolvemento de dúas prazas, da Paz e de España”, concretou.
Lembrou tamén que a situación actual nesta zona é semellante a que tíñamos na rotonda do cruce na avenida de Rodríguez de Vigüri e a avenida do Camiño Francés, onde o Goberno do Paritido Popular executou unha rotonda que, actualmente, facilita os movementos do tráfico.
Neste momento, resulta imprescindible a reordenación de distintas zonas de Santiago, para facer unha cidade máis acolledora e na que se facilite a mobilidade tanto de vehículos como de peóns.
Para elo, o candidato Popular considera que hai que construír “unha capital que represente o que é, é dicir, o centro neurálxico de Galicia, polo que nas nosas futuras accións non podemos esquecer nunca que estamos a construír a capital de Galicia do futuro”.
Na súa comparecencia Agustín Hernández descartou que o PP de Santiago está a traballar nunhas medidas que forman parte dun proxecto global, nado despois dunha importante e exhaustiva análise.