miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Propoñen a remunicipalización a xestión do cobro das multas

Propoñen a remunicipalización a xestión do cobro das multas
Propoñen a remunicipalización a xestión do cobro das multas

‎Bascuas ve pouco interese en optimizar os recursos económicos. “Non ten sentido facer unha trapallada de remunicipalización da ORA e o guindastre para, acto seguido, privatizar un servizo de ingresos elevados e garantidos para o Concello”

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, considera innecesario que unha actividade que supón un alto volume de ingresos municipais fique en mans privadas. O propio Concello estimaba no 2018 que a futura concesionaria do servizo ía levarse máis de medio millón de euros anuais, aproximándose aos 600.000. E iso sen ter en conta o IVE, que pasa dos 117.000 euros e que debe soportar a propia Administración local.

Recentemente coñecíanse os datos de que a empresa leva o 28% do recaudado, que ascende a 1,2 millons, que podían ficar nas arcas públicas “e que virían moi ben para as políticas públicas do Concello”.

O cálculo municipal fixara a previsión de ingresar no 2018 en torno a 2,5 millóns polas infraccions que se tramiten, cifra que se superou amplamente chegando os 4,8 millóns. As de tráfico serán as que alimenten en maior medida esas expectativas. Até 2.250.000 euros é o que se calcula que xeren as sancións vinculadas coa normativa de circulación. As relacionadas co medio ambiente aportarán outros 150.000 euros e as que pretenden a prevención do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, outros 17.000, segundo a proxección presupuestaria para este exercicio, que tamén recolle ingresos por outros 120.000 euros por motivos diversos, entre os que estarían outras actitudes sancionables dentro da ordenanza municipal.

‎Bascuas ve pouco interese en optimizar os recursos económicos. “Non ten sentido facer unha trapallada de remunicipalización da ORA e o guindastre para, acto seguido, privatizar un servizo de ingresos elevados e garantidos para o Concello”.

As multas de tráfico serán as que soporten en maior medida o traballo da concesión que, salvo os casos en que a lei reserve expresamente a súa ejecución por parte de funcionarios públicos, deberá realizar todas as actuacións de carácter administrativo e de xestión encamiñadas á xestión integral dos expedientes sancionadores derivados das denuncias emitidas e á recaudación en período voluntario das sancións impostas. E haberá de colaborar tamén na xestión das reclamacións por vía executiva daquelas sancións non canceladas en período voluntario que determina o prego, aínda que a porcentaxe dos seus ingresos aplicarase só sobre os cobros netos que ingrese en período voluntario de pagamento, descontado o importe das devolucións como consecuencia de defectos na práctica da xestión, tramitación ou notificacións realizadas. Velaí que para Xoán Bascuas, “se estea a municipalizar de igual xeito que se privatiza: sen sentidiño ningún”.

Comentarios
Lo más