miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noia entrega hoxe os seus galardóns na Gala do Deporte do Concello de Noia

Noia entrega hoxe os seus galardóns na Gala do Deporte do Concello de Noia
Noia entrega hoxe os seus galardóns na Gala do Deporte do Concello de Noia

Os premios serán entregados hoxe venres, ás 20:30 horas, no Coliseo Noela nunha gala apadriñada por Ezequiel Mosquera e con actuacións de claqué, jazz e break dance da Escola Dancenter Gala

Coliseo Noela acollerá hoxe venres 29 de marzo, ás 20:30 horas, a Gala do Deporte do Concello de Noia, na que 34 deportistas e clubs deportivos do municipio optan aos 11 premios establecidos, que serán entregados polo alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e polo concelleiro de Deportes, Ramón Santos Pérez. Unha gala presentada polo xornalista Terio Carrera e apadriñada por Ezequiel Mosquera.

O concelleiro de Deportes, Ramón Santos Pérez explica que “con esta iniciativa queremos recoñecer e distinguir o traballo diario dos e das nosas deportistas e clubs de Noia, aos que agradecemos a colaboración amosada e as súas achegas para esta edición”. Así mesmo, adianta que ademais dos once premios establecidos, “o Concello de Noia fará dúas homenaxes a Javier Freijo, como recoñecemento ao labor que fai colaborando con todos os deportes, e a José Antelo, xogador de baloncesto do UCAM Murcia”.

Os 34 finalistas nas 11 categorías establecidas son:

- Mellor deportista de Noia na modalidade de deporte adaptado: Alba Castro Molero, Ramón Andrés Pérez e José Barrio Guldrís.

- Mellor técnico ou directivo de Noia: Luís Sanmartín, Pablo Carou Varela e José María Salanova

- Mellor equipo masculino: Noia CF, Noia Fútbol Sala e Equipo Senior Tenis de Mesa. 

- Mellor equipo feminino: Voleibol Noia Xuvenil, Pádel Feminino Noia e Equipo Alevín Cross.

- Mellor Club de Noia: Noia Fútbol Sala, Maniotas e ITF Noia.

- Mellor Evento de Noia: Ralli de Noia, Carreira Popular e Torneo F8 de Noia. 

- Mellor promesa masculina: Caetano Horta Pombo, Noel Antelo Pan e Ignacio Remuiñán Lamas.

- Mellor promesa feminina: Andrea Vedela Miguens, Vanessa Boo Ferrer e Antía Blanco Insua.

- Mellor deportista masculina de Noia: Alberto Verea Seijas, Adrián Pombo Romero e David Roo Vilar/Martín Iglesias.

- Mellor deportista feminino de Noia: Teresa Castro Villaverde, María González e Paula Blanco Pro.

- Recoñecemento a toda unha vida deportiva: Antonio Blanco García “Dache”, Severino Barreiro Pérez e Arturo Rial. 

Os premiados levarán unha insignia do escudo do Concello de Noia, obra do artesán Fernando Gallego. O acto, que durará aproximadamente unha hora e media, contará con tres actuacións musicais a cargo da Escola Datacenter Gala:

- Actuación de claqué “Herman´s Habit”, primeiro premio por unanimidade do xurado na primeira fase da zona norte do Concurso ANAPRODE.

- Actuación de jazz-dance “Human”, primeiro premio con felicitación do xurado e coa máxima puntuación na primeira fase da zona norte do Concurso ANAPRODE.

- Actuación de break dance a cargo de Sergio Perol Bernárdez, campión de Galicia de break dance e profesor na escola.

Comentarios
Lo más