miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Proxectos de Mallorca, Barcelona e A Coruña son os elexidos para a construcción do novo Auditorio de Ribeira

Proxectos de Mallorca, Barcelona e A Coruña son os elexidos para a construcción do novo Auditorio de Ribeira
Proxectos de Mallorca, Barcelona e A Coruña son os elexidos para a construcción do novo Auditorio de Ribeira

A actuación está financiada con fondos europeos FEDER dentro do programa Máis Ribeira Atlántica 2020, que reserva unha partida de 2,5 millóns de euros.

O equipo formado por Bernat Pons Vidal, Anna Gorrochategui Matas e Antoni Pons Cañellas con “Choiva, pedra e cristal“ dende Palma de Mallorca; Carlos Seoane con “Atrio” dende o estudo CSA Arquitectura que ten na Coruña; e Antonio Bouza Castaño, Manuel Amado Fernández e Ángel Rivas Amado con “Escoita e verás” dende Barcelona, son os creadores responsables das tres propostas seleccionadas polo xurado para a construción do novo Auditorio Municipal de Ribeira

Así se dou a coñecer onte durante un acto público celebrado no salón de plenos do Consistorio no que o secretario xeral do Concello, Juan Manuel Salguero, procedeu á apertura dos sobres que gardaban as identidades dos responsables das tres ideas seleccionadas, logo de que o arquitecto municipal, Alberto Iglesias, explicase as características de cada unha delas.

Antes diso, o alcalde Manuel Ruiz recordou que a construción do edificio forma parte da EDUSI Máis Ribeira Atlántica, que está financiada nun 80% polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese ao obxectivo temático 9 do POCS 2014-2020 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e execútase na liña de actuación 16 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica 2020 denominada “infraestruturas públicas culturais e sociais”.

XURADO

O xurado que se encargou de seleccionar as 3 propostas finalistas de entre as 36 seleccionadas estivo composto por Alberto Iglesias Fungueiriño, arquitecto municipal de Ribeira; Uxía Landeira Pereira, enxeñeira municipal de Ribeira; Ignacio Soto González, arquitecto municipal de Teo; Mónica Neira Mato, arquitecta municipal da Estrada; e Daniel Beiras García-Sabell, arquitecto do Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña. Actuaba como presidente o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz.

Unha vez sexan notificados oficialmente os 3 finalistas (hai tamén outras 3 propostas suplentes por se algunha das primeiras declina participar na segunda fase) abrirase un novo prazo de 30 días no que os autores deberán presentar cadanseu anteproxecto a fin de que o xurado decida o deseño gañador, que será o que se execute nunha parcela de 1.372 metros cadrados anexa ao parque do Centenario.

Comentarios
Lo más