miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Amosan preocupación pola falta de puntos de auga contra incendios

Amosan preocupación pola falta de puntos de auga contra incendios
Amosan preocupación pola falta de puntos de auga contra incendios

As obras levan paradas dende o mes de setembro

A Marea Veciñal de Touro pide ao concello que remate a execución do punto de abastecemento de auga contra incendios en Fao – A Bímboa, cuxas obras levan paradas dende o mes de setembro pasado. Ante a situación de risco elevado de incendio, esta infraestrutura aínda non está en servizo.

Esta mesma semana a Consellería do Medio Rural decretou a prohibición das queimas agrícolas ante o elevado risco de incendio.

A Marea Veciñal critica que en Touro non se teña feito aínda actuación ningunha de prevención de incendios por parte de ningunha administración. 

"A incapacidade do concello para rematar un punto de auga ou que non se teña limpado un só metro de camiños no monte está a xerar preocupación na veciñanza", asegura a formación municipalista.

Comentarios
Lo más