miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un conductor nun accidente en Pereiro de Aguiar

Falece un conductor nun accidente en Pereiro de Aguiar
Falece un conductor nun accidente en Pereiro de Aguiar

A causa do accidente, tamén resultou ferido o ocupante do outro coche, que, nun principio, parecía atrapado, pero foi quen de saír por unha das fiestras do vehículo

No concello ourensan de Pereiro de Aguiar colidiron dous turismos que circulaban pola N-120, ao paso pola parroquia de Melias. Como consecuencia do impacto, un dos condutores implicados faleceu e o outro resultou ferido e, por tanto, evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Foron varias as persoas que alertaron do accidente mediante as súas chamadas ao 112 Galicia, o que permitiu a activación dun operativo no que participaron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, membros do GES de Pereiro e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Mesmo chegou a mobilizarse un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense, pero nada puideron facer por salvar a vida do condutor. A causa do accidente, tamén resultou ferido o ocupante do outro coche, que, nun principio, parecía atrapado, pero foi quen de saír por unha das fiestras do vehículo sen a axuda dun equipo de excarceración. 

Comentarios
Lo más