miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Recuperando a normalidade despois da vaga de incendios

Recuperando a normalidade despois da vaga de incendios
Recuperando a normalidade despois da vaga de incendios

Amais do importante incendio rexistrado en Dodro-Rianxo, Galicia ten activos outros incendios

Galicia segue sufrindo a vaga de lumes na comunidade debido as altas temperaturas, a pouca humidade no ambiente e a falta de chuvias nos últimos días debido o forte anticiclón que temos instalado. Amais do importante incendio rexistrado en Dodro-Rianxo, Galicia ten activos outros incendios.

CONTROLADO O BARCO DE VALDEORRAS

Ás 15:27 horas de onte quedaba controlado o lume rexistrado no concello ourensán do Barco de Valdeorras, parroquia de Santigoso, tras comezar onte ás 20:45 horas.

Este lume iniciábase con dous focos, o que amosa a clara intencionalidade, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 121 hectáreas, das cales 11 son de monte arborado e 110 de monte raso. 

Este calculo é aproximado ata que se extinga o incendio. Nel están traballando dous técnicos, 10 axentes, 12 brigadas, cinco motobombas, un helicóptero e catro avións.

EXTINGUIDO CHANDREXA DE QUEIXA

O incendio do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parada Seca, que comezaba antonte ás 22:35 horas quedou extinguido ás 19:28 horas. Segundo as últimas estimacións afectou 70 hectáreas de monte raso. 

Para a súa extinción mobilizáronse catro axentes, seis brigadas, dúas motobombas, un helicóptero e un avión.

EXTINGUIDO CALVOS DE RANDÍN

Extinguido ás 16:29 horas o lume do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que entrou por Portugal ás 3:40 horas da madrugada de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de sete hectáreas de arborado dentro do parque natural do Xurés, o resto está en territorio portugués. 

Na súa extinción traballaron catro axentes, cinco brigadas, tres motobombas e dous helicópteros.

Comentarios
Lo más