miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As 40 horas que puxeron a Rianxo e Dodro en tensión

As 40 horas que puxeron a Rianxo e Dodro en tensión
As 40 horas que puxeron a Rianxo e Dodro en tensión

Cun panorama de maior tranquilidade, os veciños de Rianxo empezan a recuperar a normalidade

Os municipios coruñeses de Dodro e Rianxo superaron onte ao mediodía 40 horas dun lume infernal no primeiro gran incendio do ano en Galicia, que arrasou 1.120 hectáreas de monte pero que xa foi estabilizado coa participación de decenas de efectivos e medios técnicos e aéreos.

Segundo o parte da Consellería do Medio Rural con datos recolleitos ata as 19:30 horas, este incendio permanece estabilizado, sen ningunha fronte de chama activa, desde as 12:15 horas, tras comezar o pasado luns ás 20:09 horas na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro.

O vento e a pouca humidade que se rexistra en Galicia estes días pola falta de choiva dificultaron o control das chamas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mostrou a súa confianza en que a pesar dos fortes refachos de onte o vento do nordeste que afecta á Comunidade amaine, aínda que "lamentablemente non vai ser así nin hoxe nin mañá", augurou.

Incendio Dodro Rianxo (28)

As últimas estimacións provisionais cifran en 1.120 hectáreas a superficie afectada por este lume, que obrigou onte a decretar a "Situación 2" como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro, aínda que esta mañá xa foi desactivada.

"Hai unha diferenza grande con onte", posto que os traballos céntranse agora en "ir resolvendo conatos, para que non se reproduzan, e en traballar por tanto a pé de terra, en actuacións puntuais", explicou hoxe a Efe o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

A hipótese principal sobre a causa deste incendio é un incidente nunha torreta eléctrica, quizá unha faísca nun cable de alta tensión que orixinaría o lume en Dodro que despois se estendeu a Rianxo.

Para as tarefas de control do incendio mobilizáronse dous técnicos, 43 axentes, 42 brigadas, 29 motobombas, cinco pas, sete helicópteros, cinco avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias ( UME).

INCENDIO EN RIANXO DODRO  (7)

Cun panorama de maior tranquilidade, os veciños de Rianxo empezan a recuperar a normalidade e a supervisar o estado das súas leiras, pois moitas delas foron pasto das chamas.

Entre as cinzas deixadas polo paso do lume pódense apreciar restos non só de materia forestal, senón de colchóns, enxoval de fogar, latas de cervexa ou electrodomésticos, un mal recorrente do rural galego que demostra a falta de coidado e que complica o desenvolvemento dos labores de prevención.

Comentarios
Lo más