miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nova sesión do programa SaudeAndo con saída dende o centro de saúde de Bertamiráns

Nova sesión do programa SaudeAndo con saída dende o centro de saúde de Bertamiráns
Nova sesión do programa SaudeAndo con saída dende o centro de saúde de Bertamiráns

A ruta é circular polo que os participantes volverán ao punto de saída

Este xoves, 28 de marzo, a partir das 17.30 horas, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

Tralo éxito do programa de andainas saudables organizado pola Concellaría de Sanidade de Ames durante o segundo semestre do 2018, o Concello de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro organizaron un novo programa de andainas que, nesta ocasión, se realiza en ambas localidades durante xoves alternos. Dito programa comezou o pasado 14 de marzo en Bertamiráns e rematará o 19 de decembro no Milladoiro. No total, haberá 30 andainas, 16 en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. As devanditas andainas realizarase todos os xoves dende o mes de marzo ata o de decembro, agás os meses de xullo e agosto.

Deste xeito, este xoves, 28 de marzo, continúa o programa cun nova andaina que saíra ás 17.30 horas dende o centro de saúde de Bertamiráns. A ruta é circular polo que os participantes volverán ao punto de saída. Estas rutas urbanas, de dificultade media – baixa, teñen unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar nesta actividade, que está aberta a toda a veciñanza, non é preciso inscribirse previamente.

Ao igual que en andainas anteriores, a actividade estará supervisada por Ricardo Angueira Vázquez, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica, polo que a andaina tamén servirá para seguir afianzando o aprendido nos obradoiros ou comezar a aplicar algúns trucos desta modalidade neste tipo de actividades.

Comentarios
Lo más