miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"A Cidade do Futsal" volve a superarse no número de inscricións

"A Cidade do Futsal" volve a superarse no número de inscricións
"A Cidade do Futsal" volve a superarse no número de inscricións

O evento, organizado por Viaqua e o Santiago Futsal, celebrarase en tres pistas de maneira simultánea e promocionará o lecer e o deporte ao aire libre

O momento chegou. Co peche das inscricións a día de onte, mércores día 27, “A Cidade do Futsal” xa está na súa recta final.

Os próximos días 30 e 31 de Marzo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá a máis de 400 nenos repartidos en máis 80 equipos de toda Galicia, unha participación sen precedentes nesta festa do fútbol sala ao aire libre.

Debido á boa previsión meteorolóxica de fronte ao fin de semana, tamén se espera unha gran afluencia de público, o que sumado ao récord de participación fará desta VI edición a máis especial ata o momento.

O evento, organizado por Viaqua e o Santiago Futsal, celebrarase en tres pistas de maneira simultánea e promocionará o lecer e o deporte ao aire libre. Será unha fin de semana para gozar do futbol sala, no que todo o mundo está convidado a participar e nun emprazamento ideal como é a Cidade da Cultura.

Os partidos da categoría alevín celebraranse o sábado pola tarde, mentres que os de categorías biberón, pre benjamín (primeiro e segundo ano) e benjamín terán a súa quenda o domingo durante todo o día.

Para maior dinamismo na competición, os equipos estarán formados por 4 xogadores (1 porteiro + 3 xogadores de pista) e cada equipo pode ter un máximo de 1 cambio (é dicir total de 5 xogadores). Esta fórmula, adaptada ao tamaño das pistas, fai os partidos máis eléctricos e garante a diversión dos xogadores e o goce dos afeccionados.

Lembramos que, con motivo da gran festa do Futsal, o calendario de futbol sala da RFGF correspondente a esa fin de semana aprázase co fin de que os equipos poidan acudir ao torneo.

Comentarios
Lo más