miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novas propostas para recuperar a Sala Yago como espazo cultural na cidade

Novas propostas para recuperar a Sala Yago como espazo cultural na cidade
Novas propostas para recuperar a Sala Yago como espazo cultural na cidade

Bascuas apunta que "o patrimonio cultural e unha das testemuñas da traxectoria histórica de Santiago, e a identidade e os bens que o integran constitúen unha herdanza insustituible"

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións municipais, propón recuperar o Cine Yago como espazo cultural municipal e insta ao Concello “a dar un paso adiante para comezar as conversas cos propietarios e ver cal e o mellor modelo de adquisición”, que pode ir dende a implicación das distintas administracións na compra ou a cesión do espazo por 50 anos a cambio do acondicionamento e da xestión.

Bascuas apunta que "o patrimonio cultural e unha das testemuñas da traxectoria histórica de Santiago, e a identidade e os bens que o integran constitúen unha herdanza insustituible".

Dende Compromiso “lamentan que sigan a deteriorarse edificios emblemáticos do noso Concello sen facer nada por recuperalos ou seguir permitindo o estrago dos mesmos”.

Comentarios
Lo más