O Banco de Alimentos busca voluntarios para recoller alimentos en As Cancelas o 5 e o 6 de abril
07:00 01/04/19
07:00 01/04/19
Para máis información pódese chamar ao número 665859639 ou enviar un correo electrónico santiago@balrial.org
O Banco de Alimentos estará presente os días 5 e 6 de abril no Carrefour de As Cancelas. A presencia forma parte dunha campaña de recollida de produtos organizada pola Fundación Solidaridad Carrefour en colaboración con estos bancos.
E para poder levar a cabo este tipo de actividades é fundamental a colaboración dos voluntarios que son os que recollen os alimentos para despois poder repartilos entro os máis desfavorecidos. A entidade anima a calquer persoa que poda participar que o faga. Trátase de quendas de dúas horas. Para máis información pódese chamara ao número 665859639 ou enviar un correo electrónico santiago@balrial.org.