miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atropelo en Arca

Atropelo en Arca
Foto de arquivo

Sucedeu a escaso minutos das 14:30 horas no lugar do Pedrouzo, en Arca

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia este mediodía dunha persoa ferida tras ser atropelada por unha moto no lugar do Pedrouzo, en Arca, no concello coruñés de O Pino.

A escasos minutos das 14:30 horas, unha persoa particular alertaba do suceso ao 112 Galicia. Indicaba ademais que a persoa atropelada parecía revestir gravidade. No transcurso da chamada tamén persoal sanitario poñía os feitos en coñecemento do 112 Galicia que, decontado, pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa.

Finalmente, persoal sanitario confirmou o traslado do ferido ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. 

Comentarios
Lo más