miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Victorias dos equipos masculino e feminino do Peleteiro

Victorias dos equipos masculino e feminino do Peleteiro
Victorias dos equipos masculino e feminino do Peleteiro

O feminino xogou en Ferrol e o masculino en Arteixo

Encontro e resultado: BBCA 47 - Peleteiro Café Bar Alba 60 

Competición: senior femenino-1-º autonómica

Xornada: 19ª

Lugar e hora: Ferrol. Sábado 20:00 horas.

Parciais: 12-24; 11-10; 12-16;12-10.

Eliminadas: non

5 Inicial: Lucia, Clara, Carmen W, Sara Carreira y Andrea

Xogaron e anotaron: Andrea 2; Sara Padín 2; Sara Carreira 8; Clara Domínguez 14; Paula García; Lucía 14; Bea; Carmen Pardo 3; Carmen W 2, Lidia y Ruth 15.

Presentábase un partido fácil dada a posición na táboa dos dous equipos: Peleteiro cerca da parte alta e BBCA loitando por eludis postos de descenso. Pero nesta liga de primeira autonómica non hai partidos fáciles, a igualdade é a tónica e os resultados sorpresa prodúcense todas as xornadas. Sen ir máis lonxe, este equipo ferrolano ven de gañar na pista do terceiro clasificado a semana pasada. 

Peleteiro tomou o mando dende o principio, resolvendo o primeiro cuarto con claridade chegando a un 12 a 24 ao final do periodo, que se conseguiu a base de seriedade na defensa e concentración absoluta no rebote defensivo.

A partir de ese momento, algúns acertos no tiro de tres puntos do equipo local acercárono no marcador, pero a vantaxe de Peleteiro non se puxo en perigo, aunque foi necesario manter o esforzp defensivo a un nivel alto e superar uns minutos finais de moita dureza, que se solventaron con bos rebotes ofensivos, o que axudou a ter control do partido e superar as acometidas do BBCA.

Encontro e resultado: CB. Arteixo Duadoce 71-Peleteiro Frutas Barreiro 62

Competición: 2º División masculina

Xornada: 18º 

Lugar e hora: Arteixo. Sábado ás 18:00 horas

Parciais: 23-13//09-11//18-17//21-21.

5 Inicial: Mauro, Pedro, Pablo Míguez, Antón e Carlos.

Eliminados: Carlos.

Xogaron e anotaron: Antón (6) Pedro (11), Carlos Nogueira (5), Antón Moure jr.(12), Mauro (2), Pablo Míguez jr (4), Sergio F. (15), Manu Fernández jr.(7), Soriano (lesionado),Vicario (lesionado), Raviña (lesionado), David Pazo (lesionado), Ramón (non xogou).


De novo o panorama co que nos presentabamos en Arteixo con 5 seniores máis 3 juniors (coa estrea con nós de Manu que realizou moi bo encontro) era desalentador pero, de novo, volvimos a competir a moi bo nivel e estivemos preto de acadar a vitoria. Tamén celebramos a volta á cancha de Sergio tras tres partidos sen competir.

Os inicios do primeiro e do terceiro cuarto foron definitivos para o devír do partido. Encaixamos un parcial de 10-0 en cada un o que fixo que tivesemos que realizar un esforzo doble para chegar ao final con opcións.
Ate o descanso xogamos moi precipitados en ataque e mentras non aseguramos o rebote defensivo sufrimos moito en defensa. Aínda así chegabamos ao descanso 8 abaixo.

No terceiro cuarto os de Arteixo conseguían acadar unha diferencia de18 puntos pero seguimos loitando e ao final conseguimos reducir ate os 9 puntos. 

No último cuarto subimos moito a liña defensiva e presionamos a toda pista, e conseguiamos reducir en seco a súa anotación. Con 8 puntos de Sergio consecutivos e unha canastra de Moure, a falta de 4 minutos, nos poñíamos 1 abaixo. Nos seguintes ataques non metemos os tiros e tampouco estivemos finos nos libres e os arteixáns mantiveron máis templanza para levarse un merecido triunfo.

A vindeira semana recibimos ao Foz (segundo clasificado) no que será o último partido da tempada na casa, o sábado ás 20:00. Ogallá que non perdamos máis efectivos e poidamos seguir competindo e deixar a vitoria na casa. 

Comentarios
Lo más