Fin de semana de degustación da lamprea en Padrón
Están tendo lugar as V Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón
Toda esta semana pódese degustar en Padrón un manxar tan exquisito como pode ser a lamprea. Están tendo lugar as V Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón. Múltiples actividades que xiran ao redor deste peixe se veñen desenvolvendo dende o venres 22 e que durarán ata o domingo 31 de marzo.
Para todos aqueles que non a coñezan, a lamprea é unha clase de peixe agnato, é dicir, peixe sen mandíbulas. Son semellantes externametne ás anguías ainda que non están emparentadas con elas. Teñen un corpo xelatinoso, cilíndrico, sen escamas e moi resbaladizo. Son mariñas ou de auga doce e son ovovivíparas.
As lampreas teñen a súa maior actividade pola noite, polo que tamén se pesca á noite. A súa pesca é con nasas e non todo o mundo pode pescar lamprea, senon que hai que solicitar unha autorización á Xunta de Galicia. A concesión para poder pescar lampeas nas pesqueiras do río Ulla ten a súa orixe nun documento do século IX.
Esta exquisitez poderase degustar esta fin de semana en diferentes restaurantes de Padrón e arredores. Os "Menús Lampreeiros" costan 30€ por persoa con reserva previa.
Por exemplo, no Restaurante Scala poderanse elexir o primeiro entre croquetas de lampra, lamprea rechea ou empanada de lamprea. E os segundos, lamprea á bordolesa ou risotto de lamprea tamén a elexir.
Outro exemplo pode ser o Restaurante Chef Rivera no que so menú conta con "Feixoada" de lamprea afumada, lamprea escabechada con hummus e arroz salvaxe crocante, e lampea á bordelesa.