miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio na cociña dunha vivenda en Vista Alegre

Incendio na cociña dunha vivenda en Vista Alegre
Foto de arquivo
Incendio na cociña dunha vivenda en Vista Alegre

O incendio puido producirse por mor dun curtocircuíto nun electrodoméstico

O 112 Galicia tivo consitancia dun incendio nunha cociña no concello de Santiago de Compostela, concretamente, no número 85 da Rúa de Vista Alegre.

Sobre as 23:30 horas da pasada noite unha persoa particular alertou ao 112 do incendio. Relatou que ardía a cociña da vivenda, polo que, axiña pasouse aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santiago e aos axentes da Policía Nacional. Do mesmo xeito, informouse a Policía Local e Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio puido producirse por mor dun curtocircuíto nun electrodoméstico.

Comentarios
Lo más