Calcinado un alpendre en Boiro
Os bombeiros conseguiron controlar o incendio, malia a coller intensidade debido á carga térmica contida no interior
Rexistrouse un incendio no concello de Boiro e no que resultou calcinado un alpendre sen que se produciran danos persoais.
Foi un veciño quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia cando daban as 2:30 horas da madrugada. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou da situación aos Bombeiros de Boiro co fin de atallar o lume e evitar que se propagase a unha casa lindeira.
Por fortuna, conseguiron controlar o incendio, malia a coller intensidade debido á carga térmica contida no interior. Apeiros, leña e outros obxectos contribuíron, desta maneira, a intensificar este incendio, o que dificultou e dilatou as tarefas de extinción dos servizos de emerxencias.
Cómpre sinalar que os Bombeiros de Boiro contaron coa colaboración dos compañeiros de Ribeira e tamén dos axentes da Policía Local.