Galicia rexistra diferentes incendios nun mesmo día
A comunidade rexistrou ata catro incendios de importante consideración durante o día de onte
Durante o día de onte rexistráronse varios incendios na xeografía galega a maiores da importancia o que ten o rexistrado en Dodro e Rianxo. A Consellería de Medio Rural está en todo momento comunicando a situación dos lunes en Galicia
INCENDIO EN NOIA-LOUSAME
O incendio localizado nos concellos coruñeses de Lousame e Noia, que afectou unha superficie de 78 hectáreas, das cales 73 son de monte arborado e as 5 restantes de raso, segundo as últimas estimacións. Quedou completamente extinto preto das 21:00 horas do día de onte.
Este incendio rexistrou ata tres focos en Lousame, parroquia de Tállara, que se iniciaban de xeito simultáneo arredor da medianoite do luns, motivo polo que todo indica que tamén foi provocado. Estes focos uníronse despois cun cuarto xa no municipio de Noia (parroquia de Argalo). Para controlar este incendio mobilizáronse nove axentes, seis brigadas, seis motobombas e unha pa.
INCENDIO NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Extinguido ás 13:59 horas de onte o incendio rexistrado no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez, na parroquia do Freixo. A superficie afectada foi de 21,9 hectáreas, das cales 21,69 son de monte raso e 0,3 de monte arborado. Este lume iniciouse en dous lugares distintos da mesma parroquia, polo que todo indica que foi intencionado.
Un deses lumes comezaba ás 21:56 horas do luns e quedou xa extinguido ás 1:48 horas da madrugada do luns. Afectou 1,3 hectáreas de monte raso e nel actuaron un axente, tres brigadas e unha motobomba. No foco extinguido este mediodía, que se iniciaba ás 23:46 horas do luns, traballaron cinco axentes, oito brigadas e catro motobombas.
INCENDIO NO BARCO DE VALDEORRAS
A última hora de onte rexistrouse dous incendio no concello do Barco de Valdeorras, na parroquia de Santigoso. Según as primeiras informacións de Medio Rural, a superficie afectada ascende a máis de 20 hectáreas.
A Consellería afirma que os dous incendios rexistrados nesta zona do oriente ourensán son "claramente intencionados" dado que se iniciaron "con pouco tempo de diferenza". Así, o primeiro foco comezou ás 20:45 e media hora despois o departamento autonómico tiña constancia dun segundo lume tamén en Santigoso.
Para controlar o primeiro incendio traballan dous axentes, seis brigadas, dúas motobombas e un técnico, así como bombeiros da Rúa; e tamén se desprazaron ata o lugar un terceiro axente e outra brigada para tratar de atallar o segundo foco.