miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rebordan as zonas axardinadas da rúa de Dublín debido ao su deterioro constante dos vehículos

Rebordan as zonas axardinadas da rúa de Dublín debido ao su deterioro constante dos vehículos
Rebordan as zonas axardinadas da rúa de Dublín debido ao su deterioro constante dos vehículos

Nas primeiras semanas as zonas arboladas parecían pasar moi desapercibidas para os condutores e foron moitos os problemas que xurdiron

Fai un par de meses remataban as obras da rúa de Dublín, unha actuación derivada do proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide, no que se destinaron case 60.000 euros.

A actuación desenvolveuse en dous. No primeiro, próximo á rúa Londres, reducirase o ancho actual dos carrís de circulación, elevaronse os pasos de peóns, e mellorouse o pavimento e as beirarrúas.

No segundo tramo, próximo á rúa da Costa do Vieiro, deuselle á calzada un trazado máis sinuoso para calmar o tráfico do pavillón deportivo, elevouse o paso de peóns, e melloraron os pavimentos. Ademais, no conxunto da rúa reduciuse o límite da velocidade permitida a 30 quilómetros/hora.

Nas primeiras semanas as zonas arboladas parecían pasar moi desapercibidas para os condutores e foron moitos os problemas que xurdiron como o destrozo que ocasionaban as rodas dos vehículos ás zonas axardinadas que estaban preto da estrada.

Ante esta situación, o Concello rematou as obras bordeando a mencionadas superficies para asi evitar un maior deterioro.

Comentarios
Lo más