miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Propoñen recuperar a Sala Yago antes da súa venda

Propoñen recuperar a Sala Yago antes da súa venda
Propoñen recuperar a Sala Yago antes da súa venda

A venda deste inmóbel pode ser unha oportunidade para crear un espazo que sirva de local de ensaio de teatro afeccionado

A portavoz municipal Goretti Sanmartín, ante a noticia da posta en venda da Sala Yago, lembrou que o BNG presentara unha moción ao Pleno para que o Concello liderase a recuperación deste espazo cultural para o patrimonio público “para evitar que continuase pechada e en proceso de deterioración”.

“Santiago de Compostela non pode permitirse o luxo de perder a Sala Iago, nunha rúa como o Vilar onde xa pecharon numerosos comercios emblemáticos”, destacou.

“Para iso, esta noticia de que saia á venda, pódese considerar unha oportunidade para encargar unha taxación independente e estudar as posibilidades de que o propio Consorcio adquirise esa sala que podería ter distintos usos”, propuxo.

“Entre eles, un teatro público especializado en monicreques, cun espazo de ensaio para teatro afeccionado e tamén podería ser compatíbel coa exposición do legado das escenografías de Kukas que, xustamente, cumpre 40 anos e xa manifestou a súa disposición de cedelas”, ao abeiro doutra iniciativa presentada polo BNG.

Comentarios
Lo más