Hernández denuncia o "desleixo" do Goberno local ao non conmemorar o nacemento de Agustín Magán
Os Populares reiteran as súas denuncias polo “desprezo” do grupo de Goberno aos acordos acadados nos Plenos
O Grupo Municipal Popular lamenta o “esquecemento” do Goberno de Compostela Aberta da conmemoración do centenario do nacemento do autor e director teatral compostelán Agustín Magán. Hai máis dun ano, o Executivo de Martiño Noriega comprometérase a organizar un programa de actos culturais para lembrar ao autor galego no pasado mes de novembro, despois de que a corporación o aprobase, por unanimidade nun Pleno ordinario.
Os Populares reiteran as súas denuncias polo “desprezo” do grupo de Goberno aos acordos acadados nos Plenos.
Neste caso, o "desleixo" afectou á conmemoración do centenario do nacemento de Agustín Magán, figura á que os grupos municipais aprobaron facer unha merecida homenaxe compatibilizando o seu amor ao teatro co seu traballo de contable, fixo unha achega capital para reforzar a tradición literaria e cultural do Concello.
Para os Populares, "estamos a poucos día de poder emendar esta situación, posto que o vindeiro martes, 2 de abril, fai anos do seu pasamento, polo que esa data sería un momento moi axeitado para afondar e expandir a súa vida e obra, organizando un conxunto de actos e así aproveitar unha nova oportunidade para visibilizar a súa labor artística de enorme transcendencia na historia do teatro galego" aseguran..
Para o grupo que dirixe Agustín Hernández, resulta incomprensible que, por parte de Compostela Aberta, non se teña feito absolutamente nada para poñer en coñecemento popular a obra e, aínda máis, a propia vida de Magán.