miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Pleno abordará a segunda modificación puntual do ROM

O Pleno abordará a segunda modificación puntual do ROM
O Pleno abordará a segunda modificación puntual do ROM

No pleno ordinario deste mes de marzo abordarase a segunda modificación puntual do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Ames, para regular os supostos de empate na votación e nos que o alcalde vota tamén abstención

Este xoves, 28 de marzo, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo no que a Corporación municipal debaterá sobre a segunda modificación puntual do ROM, para regular os supostos de empate na votación e nos que o alcalde vota tamén abstención, e sobre o acordo regulador polo que se establece a mellora voluntaria da acción protectora da seguridade social nas situacións de incapacidade temporal dos empregados municipais como consecuencia da modificación do artigo 146, da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Todos estes temas foron tratados previamente nas comisións informativas celebradas este luns 25 de marzo.

No pleno ordinario deste mes de marzo abordarase a segunda modificación puntual do Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Ames, para regular os supostos de empate na votación e nos que o alcalde vota tamén abstención. O texto que se pretende modificar afecta o último parágrafo do artigo 51 (Sentido do voto), cuxa redacción sería a seguinte: No caso de votacións con resultado de empate, efectuarase unha nova votación e, se persiste o empate, decidirá o voto de calidade do presidente. No suposto de que o voto do alcalde tamén sexa abstención e non poda decidir o empate o asunto entenderase desestimado.

Esta modificación vén derivada dunha moción debatida no pleno ordinario do pasado 31 de xaneiro de 2019 na que se solicitaba do Pleno do Concello de Ames que se instase ao Goberno de España o recoñecemento de Juan Gerardo Guaidó Márquez como presidente interino da República de Venezuela, co obxecto de que sexan convocadas novas eleccións presidenciais coas debidas garantías electorais; e que o Goberno de España lidere no seno da Unión Europea este proceso de transición democrática.

Tras ratificar a urxencia da mesma por unanimidade dos membros presentes da Corporación, e despois das intervencións dos diversos grupos políticos con representación na Corporación, procedeuse a votar a moción cos votos a favor do Partido Popular e de Pacto por Ames. Os concelleiros de Ames Novo, BNG e maila concelleira de Contigo Pódese, Genma Otero, votaron en contra, mentres que os edís do PSdeG e mailos concelleiros de Contigo Pódese, Javier García e Silvia Dapena, abstivéronse.

Deste xeito, houbo un empate con 7 votos a favor e 7 votos en contra. Ao existir un empate houbo unha segunda votación, na que se repetiu o votado anteriormente. Así, tivo que decidir o voto de calidade do alcalde. O rexedor municipal mantivo a súa abstención, co que non se puido acudir ao seu voto de calidade para dirimir o empate. Co que, ante esta situación, non se acadou pronunciamento algún no referente a esta moción.

Comentarios
Lo más