miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábados de Conto en Ribeira

Sábados de Conto en Ribeira
Sábados de Conto en Ribeira

A actuación terá lugar na sala multiusos do Lustres Rivas

Este sábado 30 de marzo, ás 12:00 horas, terá lugar unha nova sesión dos xa clásicos Sábados de Conto na Biblioteca que organiza o Concello.

Neste senso, Raquel Queizás representará a súa función “Travesías” coa fin de transmitir valores de igualdade e de respecto e convivencia entre nenos e nenas e homes e mulleres.

A actuación terá lugar na sala multiusos do Lustres Rivas (anexo á Biblioteca Municipal).

É unha actividade especialmente dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias.

Comentarios
Lo más