miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Declarada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Dodro e Rianxo

Declarada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Dodro e Rianxo
Declarada como medida preventiva a situación 2 no incendio forestal activo en Dodro e Rianxo

Esta situación operativa decrétase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais, neste caso ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora nos concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. 

Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro.

Este incendio iniciouse onte ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 550 hectáreas. 

Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. 

No seu control traballan un técnico, 18 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, catro helicópteros e dous avións.

Comentarios
Lo más