miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández presentou o plan "Santiago Emprende"

Agustín Hernández presentou o plan "Santiago Emprende"
Agustín Hernández presentou o plan "Santiago Emprende"

Para elo, crearase unha axencia da competitividade, “Santiago Camiña”, para fomentar a actividade económica e a creación de emprego

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, presentou onte en rolda de prensa unha serie de medidas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de Santiago. Hernández remarcou que, baixo o lema “Santiago emprende”, reunirase unha serie de actuacións que facilitarán o avance da Administración municipal como suxeito de impulsor económico, facilitando e promovendo a inversión privada e os novos proxectos.

Para elo, crearase unha axencia da competitividade, “Santiago Camiña”, co fin de fomentar a actividade económica e a creación de emprego. O responsable Popular explicou que “esta axencia non será unha estrutura xurídica independente, nin allea ao Concello, senón que será o froito da reordenación, reasinación e reorganización dos efectivos municipais xa existentes, así como dos servizos que neste momento están sendo infraempregados e, polo tanto, resultando ineficaces”.

Agustín Hernández concretou que as persoas vinculadas a esta axencia adicaranse ao asesoramento para tramitacións e de posibles emprazamentos empresariais: ao apoio á tramitación técnica, administrativa e financeira e na identificación de provedores, materias primas ou posibles sinerxías; á organización e acompañamento en relaciones coas institucións; e á colaboración co tecido empresarial da cidade e co resto de administracións. Ademais, contemplará o asesoramento individualizado, en aspectos legais, para a implantación, nos ámbitos laboral, fiscal ou societario.

Comentarios
Lo más